Escoitar

Preto de 2.000 nenos e nenas participarán nos torneos de Nadal e Reis de fútbol 7

O alcalde presentou este mércores ambos torneos, a celebrarse desde o 26 de decembro, nos campos municipais de Navia, Bouzas e Castrelos, co patrocinio do Concello. Máis de 100 clubs participarán nos certames de Nadal e Reis, con Jorge Otero e Xisela Aranda como padriños.

mércores, 18 dec 2013
1387371724futbol.JPG
Abel Caballero agradeceu aos clubs e patrocinadores o seu respaldo na celebración dos torneos de Nadal e Reis, que sumarán case 2.000 participantes de máis de 100 clubs deportivos nos campos municipais de Pahiño (Navia), Baltasar Pujales (Bouzas) e do Monte da Mina (Castrelos).

O de Nadal, segundo explicou o rexedor, terá lugar entre o 26 e o 29 de decemebro, mentres que o de Reis celebrarase entre o 2 e o 4 de xaneiro do vindeiro ano, ambos para nenos e nenas de categorías minis, biberóns, prebenxamín, benxamín e alevín. Caballero apuntou que todos os rapaces recibirán medalla e o torneo de Nadal concluirá cunha gran festa nas instalacións de Navia.

Abel Caballero resaltou que ambos eventos contan co patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración de entidades como Faro de Vigo, Iberia Partners (Coca-Cola), Warriors, Frutas Nieves, a Federación de Fútbol e o Colexio de Árbitros de Vigo. Jorge Otero -antigo xogador do Celta, Atlético, Valencia e Betis, ademais da selección española- e Xisela Aranda -campiona de squash e mellor deportista feminina de Vigo o pasado ano- exercerán de padriños dos eventos.
Descargar todas as imaxes