Escoitar

O Concello solicitará cinco carreiras universitarias para impartir na aula da UNED de Vigo

A partir de setembro do ano que vén, a UNED de Vigo incorporará paulatinamente as carreiras universitarias de dereito, educación social, inxeiñeiría informática, inxeiñeiría en tecnoloxías da información e turismo. Tal e como explicou o rexedor, o Concello correrá con todos os gastos da Aula de Ensino Superior a Distancia porque "nin Deputación nin Xunta" cooperar no finanzamento.

luns, 16 dec 2013
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao convenio para a creación dun Aula de Ensino Superior a Distancia. Deste xeito, solicítase ao Patronato do centro asociado da Uned en Pontevedra a implantación progresiva dos seguintes estudos universitarios: dereito, educación social, inxeiñeiría informática, inxeiñeiría en tecnoloxías da información e turismo. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, o Concello farase cargo da totalidade dos gastos que orixine a apertura e o funcionamento da aula porque "xa sabemos que Deputación e Xunta non queren financiar", censurou. Concretamente, detallou, a administración local, asumirá os custos salariais do persoal de administración e servizos, asignación económica de profesores-titores, adquisición de material bibliográfico, uso e mantemento do inmoble, entre outros.

Caballero confiou en que a aula empece a funcionar en setembro de 2014 e avanzou o procedemento que agora comeza. Unha vez aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno, notifícase o acordo ao Centro Asociado da Uned en Pontevedra. O seguinte paso será a resolución do Patronato do Centro Asociado tras os informes técnicos que corresponden á dirección da Uned en Pontevedra. A continuación, dixo, chegará a aprobación definitiva da Xunta de Goberno Local e a sinatura da addenda do convenio.

Navia
O alcalde tamén deu conta da aprobación na Xunta de Goberno Local da adxudicación provisional do acceso a Navia, construíndo un acceso peonil ao chamado codo de Teixugueiras. Cun importe de 160.000 euros e un prazo de execución dun mes, o proxecto permitirá aumentar aparcamentos. Ao mesmo tempo, tamén se aprobou a colocación de 440 novos bancos, que se veñen sumar aos 3.000 instalados nas rúas de Vigo ao longo dos últimos anos.