Escoitar

Caballero di que o Concurso Internacional sobre a Panificadora puxo a Vigo "no mapa da arquitectura mundial"

O alcalde deu lectura este venres ao fallo do Concurso Internacional de Arquitectura SC2013 Spain-China que propuxo ideas para o entorno da Panificadora. Catro arquitectos chineses levaron o primeiro premio nun certame que puxo "a Vigo no mapa da arquitectura mundial", segundo afirmou Caballero.

venres, 13 dec 2013
1386939129arquitectura.JPG
O primeiro premio foi outorgado polo xurado a un equipo de catro arquitectos chineses mentres que o segundo distinguiu a proposta de dous profesionais españois. Os premios incluíron dúas mencións honoríficas, ás que deu lectura o alcalde no Centro Social Novacaixagalicia despois dunha intervención de apertura a unha mesa redonda convocada pola organización.

A Panificadora, tal e como explicou Caballero, foi o obxecto desde certame arquitectónico de ideas, que contou coa participación de profesionais de todo o mundo e un xurado formado por "notables arquitectos" de Galicia e de China. O alcalde, en declaracións aos medios de comunicación, indicou que os proxectos se caracterizan polo intento de conxugar o uso público da parcela co terciario e o residencial.
Descargar todas as imaxes