luns, 9 decembro 2013

A administración local é pioneira no desenvolvemento de ferramentas de software libre

luns, 9 dec 2013

O concelleiro de Fomento, David Regades, constatou hoxe luns o uso de ferramentas de software libre no Concello de Vigo, nunha senda na que Vigo é pioneira co obxectivo de seguir a mellorar a productividade, o rendemento e o aforro económico. Así o explicou durante unha rolda de prensa de presentación dunha conferencia que ofrecerá no Centro Cultural Novacaixagalicia o doutor, Richard Stallman, fundador do software libre.