Escoitar

Profesionais buscan solucións arquitectónicas para a Panifadora nun concurso internacional

O xurado do concurso internacional de Arquitectura SC2013 Spain-China elixirá mañá venres a mellor proposta de rehabilitación para a Panificadora de Vigo. Así o explicou hoxe o rexedor logo dun encontro que mantivo cos responsables deste certame, patrocinado polo Concello, que ten por obxectivo ofrecer oportunidades para estudantes e arquitectos xóvenes de todo o mundo.

xoves, 12 dec 2013
1386853242panificadora.JPG
O alcalde de Vigo participou hoxe nunha reunión cos responsables do concurso Internacional de Arquitectura SC2013 Spain-China convocado por una revista privada Future Arquitecturas. Trátase, dixo, dun concurso de ideas apra identificar os mellores proxectos conceptuais co desafío de desenvolver propostas para deternimados ámbitos dunha cidade. Nesta ocasión, arquitectos de todo o mundo aportaron 78 ideas para a rehabilitación da Panificadora, entre as que se preseleccionaron 20 e mañá fallarase o gañador. O xurado internacional está composto por 18 profesionais entre os que destaca un importante número de profesores chinos e outros recoñecidos profesinais españois como César Portela, Alfonso Penelas, Jesús Irisarri ou Manuel Gallego, entre outros. O obxectivo do concurso, engadiu, é ofrecer oportunidades para todos os estudantes e arquitectos xóvenes de todo o mundo.

O Concello é un dos patrocinadores das xornadas, que se organizan no Colexio de Arquitectos de Vigo entre o 9 e o 12 de decembro porque é unha "gran ventá" ao mundo xa que arquitectos internacionais saben o que estamos a desenvolver Vigo e como queremos que sexa o futuro".
Descargar todas as imaxes