O goberno de Vigo concéntrase contra o proxecto de lei de reforma da administración local
Este xoves celebrouse unha concentración cidadá ás portas de numerosos concellos españois, tamén na viguesa Praza do Rei, para rexeitar o proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local. O alcalde, vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias, adiantou a presentación de cinco recursos de inconstitucionalidade.
O goberno de Vigo concentrouse este xoves ás portas do Concello para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, dentro da convocatoria acordada en España por numerosos alcaldes da práctica totalidade de partidos políticos.
Abel Caballero, tamén vicepresidente da FEMP, adiantou a presentación de cinco recursos de inconstitucionalidade á lei, que será votada polo Senado o próximo luns, 16 de decembro. Obxectarán as comunidades autónomas de Catalunya, Andalucía, Asturias e Canarias, ademais do que presentará o grupo socialista no Congreso dos Deputados. O alcalde vigués apuntou tamén que os rexedores españois votarán a disposición municipal de presentar un sexto recurso xudicial.
Entre outros motivos, o alcalde argumenta o rexeitamento ao proxecto de lei elaborado polo Goberno de España pola obligación de ter que transferir ás comunidades autónomas competencias en materia social. Caballero recordou que o Concello xa tivo que asumir obrigas autonómicas como a concesión de bolsas de comedor escolar e a prestación da teleasistencia, tras os recortes da Xunta de Galicia. "Non imos deixar á xente sen atención social", sentenciou.
Descargar todas as imaxes