O rexedor anima a todo Vigo a asistir ao Circo do Nadal que se instalará na Avenida Castelao
O Circo do Nadal abrirá as súas portas na Avenida Castelao entre o próximo 20 de decembro e o 12 de xaneiro. Abel Caballero animou a toda área de Vigo a acudir a este evento durante a rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañdo polo responsable da compañía La Fiesta Escénica.
O alcalde de Vigo presentou hoxe un dos espectáculos promovidos polo Concello para estas festas, o Circo do Nadal. Acompañado por Abel Martín, director da compañía La Fiesta Escénica, Caballero avanzou que o circo estará instalado na Avenida Castelao entre 20 de decembro e o 12 de xaneiro. O espectáculo, concebido para un público familiar, está cheo de maxia e luz, convertíndose nun tributo constante aos orixes do circo pero sen animais reais xa que, tal e como dixo o rexedor, traballan coa innovadora presencia de animatrónicos.
Caballero lembrou que Abel Martín creou La Fiesta Escénica en 1995 para recuperar a ilusión infantil polo circo e destacou que desde 2011 están asentados na área de Vigo e colaboran con circos de grande prestixio no ámbito internacional.
Descargar todas as imaxes