Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 12 dec 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 13 DE DECEMBRO DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 29 de novembro de 2013.

CEDRO
2.- Indemnización substitutiva por importe de 5.530,96 € a favor de EULEN Seguridad S.A. pola prestación dos servizos de vixilancia e seguridade na U.A.D. CEDRO e nas UBAS- outubro 2013. Expte. 2036/315.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
3.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Festas no mes de novembro de 2013. Expte. 5309/335.

DEPORTES
4.- Devolución de aval á Agrupación Deportiva Castro San Miguel constituído pola celebración da XVIII Edición do Cross Escolar A.D. Castro San Miguel. Expte. 12623/333.

5.- Proposta de autorización para organizar o cross escolar "XIII Memorial Andrés Abanqueiro" o vindeiro 15 de decembro. Expte. 12648/333.

6.- Proposta de autorización para organizar a VIII Subida ó Castro o vindeiro 15 de decembro. Expte. 12649/333.

7.- Proposta de autorización para organizar o "52º Gran Premio Pedestre de Navidad" o vindeiro 22 de decembro. Expte. 12647/333.

EMPREGO
8.- Corrección de erros do acordo da X.Goberno local do 22.11.13 de aprobación da convocatoria de selección e contratación de persoal do Programa Vigo Emprega 2013. Expte. 10517/77.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
9.- Proposta de resolución de recursos presentados contra acordo da X.Goberno local de resolución da convocatoria de axudas contra a crise para atender necesidades básicas dos veciños e veciñas de Vigo. Expte. 6471/320.
POLICÍA LOCAL
10.- Prórroga do convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública por unha anualidade natural para o ano 2014. Expte. 39431/212.
TRANSPORTES
11.- Indemnización substitutiva por importe de 232.064,40 € a favor de INTERPARKING HISPANIA S.A. por servizos de xestión do aparcamento da Praza de Portugal, febreiro-outubro 2013. Expte. 211/449.

URBANISMO
12.- Modificación da Ordenanza municipal reguladora da inspección técnica e avaliación das edificacións do Concello de Vigo. Expte. 8537/428.

VIAS E OBRAS
13.- Devolución de fianza a favor de ENMACOSA S.A. constituída por obras no camiño Fontes (Samil). Expte. 70169/250.

14.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 13 de decembro de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 12 de decembro de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.