Escoitar

O Concello inicia a modificación do PXOM para dar vía libre ao PERI San Roque onde se prevé construir 500 vivendas

A Xerencia de Urbanismo iniciou o expediente de modificación puntual do Plan Xeral no PERI San Roque, un ámbito no que se van construir 500 vivendas, das que un 20% serán protexidas. Serán dous bloques de entre 2 e 7 alturas e 910 prazas de aparcamento.

venres, 13 dec 2013
O alcalde de Vigo deu conta do acordo de incoación da modificación puntual número 11 do PXOM no ámbito do PERI San Roque, unha vez que o TSXG aceptou os recursos dos veciños e obrigou a excluir as súas casas do ámbito. O PERI San Roque ven do Plan Xeral de 1993 e foi aprobado definitivamente no 2004. No ano 2010, foi modificado para introducir o 20% de vivenda protexida. O ámbito de San Roque ten 47.161 metros cadrados, entre as torres de Pizarro ata Couto de San Honorato. Proxéctase a construcción de 500 vivendas, en edificios entre 2 e 7 alturas, ademais de 910 prazas de aparcamento.

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se aprobou unha axuda á rehabilitación dun inmoble na rúa Elduayen por importe de 4.750 euros. Ademais, engadiu Caballero, deuse conta da concesión de 18 licenzas de obra e 3 de actividade para un investimento total de 493.000 euros, entre as licenzas destaca a de primeira ocupación para 7 vivendas unifamiliares da urbanización Canteira, na estrada de Balsa, en Matamá.