Escoitar

Vigo é a primeira cidade en adaptar a inspección técnica de edificios á nova normativa estatal

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á nova Ordenanza Municipal Reguladora de Inspección Técnica que, ademáis de mellorar a actual ITE, supón unha adaptación á nova directiva estatal. Caballero explicou en rolda de prensa que Vigo é á primeira cidade en asumir as novas directrices.

venres, 13 dec 2013
1386939187alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo deu conta da aprobación da Ordenanza Municipal Reguladora da Inspección Técnica (ITE), adaptándose ao novo marco legal estatal, ademais de mellorar o antigo texto. Como novidade, dixo o rexedor, inclúe a avaliación das edificacións, o que supón completar o examen dos edificios de máis de trinta anos.

Caballero avanzou que Vigo é pioneira nesta adaptación normativa e indicou que o texto pasará pola Xerencia de Urbanismo e polo Pleno para abrir a continuación un periodo de exposición pública de 30 días. Se hon hai reclamacións, a ordenanza se entenderá por aprobada definitivamente cando se publique de xeito íntegro no BOP.
Descargar todas as imaxes