Escoitar

Técnicos municipais redactarán o Plan do Ensanche o que permitirá aforrar 300.000 euros

O alcalde de Vigo explicou hoxe xoves que técnicos municipais serán os encargados de redactar o Plan Especial do Ensanche, unha vez que na Xerencia de Urbanismo se rescindira co contrato asinado en 2005 coa empresa Consultora Galega S.L. Esta decisión permitirá ao Concello aforrar 300.000 euros.

xoves, 19 dec 2013
O rexedor deu conta hoxe xoves da rescisión do contrato da asistencia técnica para a redacción do Plan Especial do Ensanche, que abarca 8 distritos do centro, sen incluir o Casco Vello. Tal e como explicou o rexedor, non se renuncia a continuar con ese planeamento, senón que se fará con medios municipais o que o que suporá un aforro de 300.000 euros.

No ano 2005, contratouse a redacción e non se tramitou a aprobación do inicial porque a posterior aprobación do Plan Xeral e modificacións lexislativas obrigaban a revisar a documentación. O PP, dixo o alcalde, "como sembre fai contratos que xeran problemas". Entre eles, destacou o feito de que o contrato non incluira prazos de execución e entrega "o que resulta sorprendente". Insistiu en que o Concello traballou para que non houbera costes para o Concello e logramos que fora unha rescisión de mutuo acuerdo.

Negou a posibilidade de que esta decisión supoña retraso algún na xestión do ámbito, que continuou desenvolvéndose a través do PEC do Ensanche e Bouzas. Neste punto, engadiu que desde hai tempo están a traballar os técnicos de Urbanismo e "xa está moi avanzado".

ITE
A Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén deu luz verde a nova Ordenanza Municipal Reguladora da Inspección Técnica (ITE) adaptándose ao novo marco legal estatal. Ademais de mellorar o antigo texto, como novidade inclúe a avaliación das edificacións, o que supón completar o examen dos edificios de máis de trinta anos. Ata o de agora o obxectivo da ITE era a determinación do estado de conservación do edificio, a modificación converte en preciso xustificar o cumprimento da normativa vixente de accesibilidade universal e e o grado de eficiencia enerxética do inmoble.

O alcalde tamén deu conta da aprobación da recepción definitiva das obras de urbanización da Unidade Administrativa 4 Canteira que permitirán obter a licenza de primeira ocupación a 7 novas vivendas da urbanización a Canteira, situada na Estrada Balsa (Matamá). Tamén se concederon 14 licenzas de obra e 5 de actividade cun investimento de 1,2 millóns de euros.