O goberno de Vigo adxudica por dous anos a teleasistencia domiciliaria para 550 maiores
A Xunta de Goberno Local, celebrada o pasado venres, deu luz verde á contratación deste servizo por un importe de 155.000 euros, segundo informou este luns o alcalde. Caballero recordou que o Concello de Vigo asume a prestación deste servizo despois de que a Deputación de Pontevedra decidira deixar de prestalo.
O pasado venres, o goberno de Vigo adxudicou definitivamente a Eulen o servizo de teleasistencia domiciliaria para os próximos dous anos, prorrogables por outros dous, por un importe total de 155.000 euros. O alcalde afirmou que esta decisión permitirá que uns 550 maiores da cidade que viven sós poidan contar cun sistema de aviso ás emerxencias, en caso de necesidade.
O Concello de Vigo decidiu asumir o coste e prestación da teleasistencia este ano, despois de que a Deputación de Pontevedra "abandonárao", en verbas do alcalde, deixando aos usuarios en Vigo sen este servizo.