Escoitar

O goberno local ofrece actividades para nenos desde o 2 ao 8 de xaneiro no Mar de Vigo

O alcalde presentou este xoves o Parque Infantil de Nadal do Concello de Vigo, que programa no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo numerosas actividades para nenos de todas as idades. O Concello procura "que os máis pequenos teñan un lugar para poder gozar e participar" de opcións de ocio e xogos no Nadal, asegurou Caballero.

xoves, 26 dec 2013
1388066279pinvi.JPG
Este parque do Nadal, que acollerá o Auditorio Pazo de Congresos de VIGO entre os días 2 e 8 de xaneiro de 2014 --a excepción do día 5, que permanecerá pechado--, contará con distintas actividades para nenos de entre 1 e 12 anos, como inchables, zona de xogos infantís, espazo exterior multiaventuras e circuíto de vehículos máxicos.

Ademais, os menores tamén poderán participar en talleres de música, danza, periodismo, instrumentos musicais, reciclaxe e papiroflexia; e o prezo por sesión será dun euro, "un prezo simbólico", sinalou Caballero.

Así mesmo, neste espazo estará presente o carteiro real, e os nenos poderán gozar dos espectáculos 'Monicreque de Kukas', 'Xan Perillán e a maleta máxica' e 'Contose do vento acatarrado'. Igualmente, por cinco euros, as familias poderán acudir ao concerto de María Fumaça, que será o próximo día 4 de xaneiro, ás 18.30 horas.
Descargar todas as imaxes