Escoitar

O goberno local "abraza" o olivo do Paseo de Alfonso como símbolo da acción municipal en favor da natureza

Con motivo da conmemoración do Día Internacional dos bosques, segundo a ONU, o alcalde de Vigo participou esta mañá nun "abrazo" colectivo ao centenario olivo do Paseo de Alfonso XII, como símbolo da acción municipal e favor da natureza. No acto participaron varios concelleiros do goberno local e representantes de diversos colectivos representativos da cidade.

luns, 21 mar 2016
1458564756arbol.JPG
O Concello de Vigo promoveu esta mañá un "abrazo" colectivo ao centenario olivo do Paseo de Alfonso XII, con motivo da conmemoración do Día Internacional dos bosques. Abel Caballero participou nesta simbólica iniciativa co obxectivo de chamar a atención sobre o respecto á natureza e os perigos do cambio climático e iniciou unha lectura de textos sobre especies arbóreas de Vigo. No acto participaron, ademais de varios concelleiros, membros de comunidades de montes, representanes de Peñas El Olivo, voluntarios de Medio Ambiente, membros de Érguete e Anpas, ademais de asociacións culturais e corais.
Descargar todas as imaxes