mércores, 23 marzo 2016

Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados de Bruxelas

mércores, 23 mar 2016

A Corporación Municipal, traballadores municipais e veciñas e veciños da cidade gardaron este mediodía un minuto de silencio ás portas do Concello, unha concentración encabezada polo alcalde Abel Caballero, en sinal de rexeitamento ao atentados terroristas acontecidos en Bruxelas e co fin de amosar todo o afecto da cidadanía viguesa ás familias das vítimas. <br />

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lerá o Bando da Reconquista

mércores, 23 mar 2016

A lectura do Bando da Reconquista celébrase o próximo luns día 28 de marzo na praza da Independencia e coa elección da presidenta de Deputación, o goberno local quere "recoñecer a súa dedicación á cidade" xa que, segundo o alcalde, "é a primeira vez na historia da urbe que o ente provincial atende a Vigo" coa sinatura dun "convenio de alcance infinito" que achega á cidadanía os recursos que lle corresponden.

Vigo prepárase para celebrar a Reconquista 2016

mércores, 23 mar 2016

A cidade comeza a conta atrás para a Festa da Reconquista da Vila de Vigo, que tomará as rúas do Casco Vello na primeira fin de semana de abril, os días 2 e 3. Ademais das representacións, a organización programa o tradicional mercado, espazos infantís, música nas rúas e demostracións de artesanía. A mostra "Retallos da nosa historia" xa está aberta, na Casa Galega da Cultura.