O Concello ultima a adaptación de todos os semáforos para invidentes
O alcalde informou este mércores que todos os semáforos da cidade terán avisador acústico para invidentes, cun sistema que -mediante mando ou polo bluetooth do móbil- só emite sinal ante a presenza de cegos na zona. O goberno incorporará tecnoloxía viguesa desenvolvida co CTAG.
O alcalde de Vigo anunciou este mércores que o Concello ultima a adaptación de todos os semáforos da cidade para que estean adaptados para invidentes a través de sinais acústicos.
No acto de demostración desta mañá do sistema, Abel Caballero explicou que o sinal só funciona ante a presenza de invidentes na zona, evitando molestias aos veciños e reducindo a contaminación acústica (ata agora funcionaban de 07:00 a 23:00 horas). A tecnoloxía actívase co pulsador dos semáforos que o teñen, cun mando a distancia ou polo bluetooth do seu móbil. O rexedor vigués indicou que son xa 131 os pasos de peóns con semáforos xa adaptados ata o momento.
Tecnoloxía viguesa
Para completar a adaptación, o Concello empregará o sistema que xa opera na cidade e unha nova tecnoloxía desenvolvida en Vigo, da man do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). O módulo vigués é máis económico -cun aforro aproximado do 70% sobre o outro sistema- e habilitalo nos semáforos suporá aforrar máis de 200.000 euros sobre a instalación do sistema anterior.
Descargar todas as imaxes