Escoitar

O Concello adica preto de 2 millóns de euros a sufragar 5.000 bolsas escolares de comedor

A Xunta de Goberno Local renovou esta mañá o convenio de colaboración con Foanpas por importe de 606.039,31 euros cos que se subvenciona ao alumnado de 32 comedores escolares. A este montanta hai que sumar as achegas procedentes do departamento de Benestar Social que elevan a preto de 2 millóns a cantidade que o Concello adica a sufragar 5.000 axudas.

venres, 18 mar 2016
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da aprobación dun convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca (FOANPA) para 2016. Son 606.039,31 euros destiñados a actividades extraescolares e bolsas de comedor para alumnos dos 32 comedores que xestiona este colectivo. A esta cantidade -engadiu- hai que sumar a aportación municipal da área de Benestar polo que se elava a preto de 2 millóns a cantidade coa que se financian 5.000 bolsas de comedor. En declaracións aos medios, insistiu en que esta partida poderá ser incrementada se fora preciso e criticou á Xunta por non asumir a súa responsabilidade nesta materia.

Na Xunta de Goberno desta mañá tamén se aprobaron os expedientes de contratación do servizo para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento das escolas municipais de Música e Danza, cun importe de 789.322,58 euros e 266.632,08 euros, respectivamente. Os contratos son por dous anos, prorrogables outros dous.

En materia deportiva, aprobouse o expediente de contratación por lotes das obras de mantemento e reparación dos campos de fútbol de Comesaña e Meixoeiro, por un valor de 131.573 euros (78.582 para o Comesaña, e 52.900 para o Meixoeiro). Son actuacións financiadas a través dun Convenio coa Deputación de Pontevedra, segundo lembrou Caballero.