Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 17 mar 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE MARZO DE 2016.



1.- Acta da sesión ordinaria e dúas extraordinarias e urxentes do 4 de marzo de 2016.

ALCALDÍA
2.- Dar conta da Resolución de Alcaldía de data 11.03.16 de encomenda de funcións ao titular do posto de secretario de Admón. Municipal referentes ao Área administrativa de Alcaldía. Expte. 69/1102.

BENESTAR SOCIAL
3.- Revisión de prezos do contrato de Intervención Familiar. Expte. 118833/301.

4.- Revisión de prezos do contrato de Servizos de Axuda no Fogar. Expte. 118825/301.

CONTRATACIÓN
5.- Dar conta do cambio da denominación social da empresa adxudicataria da contratación dos servizos de vixilancia da saúde 2011-2014. Expte. 20247/220.

DEPORTES
6.- Expediente de contratación por lotes das obras de mantemento e reparación dos campos de fútbol municipais de Comesaña e Meixoeiro. Expte. 14667/333.

EDUCACIÓN
7.- Expediente de contratación dos servizos para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola municipal de Música. Expte. 17497/332.

8.- Expediente de contratación do servizo para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola municipal de Danza de Vigo. Expte. 17499/332.

9.- Dar conta de renuncia de beneficiario da Bolsa de Inglés "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas no estranxeiro do alumnado da EOIV, e incorporación de novo beneficiario da lista de agarda. Expte. 17412/332.

10.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de nais e pais de alumnos/as de Vigo e Comarca (FOANPA) para o ano 2016. Expte. 17674/332.

11.- Revisión de prezos do contrato para a xestión e transporte dos desprazamentos dos escolares do programa educativo municipal "Vigo por dentro coñece a túa cidade". Expte. 16213/332.

EMPREGO
12.- Convocatoria e bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro para o ano 2016. Expte. 12558/77.

FESTAS
13.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación veciñal e cultural Casco Vello para a organización dos actos da Reconquista 2016. Expte. 6431/335.
IGUALDADE
14.- Proposta de autorización da cesión temporal da vivenda municipal identificada no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co nº F-00473-C-007. Expte. 7124/224.

PATRIMONIO HISTÓRICO
15.- Expediente de contratación dos servizos de promoción e divulgación dos xacementos arqueolóxicos de O Castro e Toralla. Expte. 7845/307.

RECURSOS HUMANOS
16.- Produtividade por encomenda de funcións de D. Francisco J. Gutiérrez Orúe, correspondente ao 4º trimestre de 2015. Expte. 12625/77.

17.- Aboamento da diferencia de función do persoal do SEIS (Sentenza nº 177/2005, do 24 de maio, do Xulgado contencioso-administrativo nº 1 de Vigo, no procedemento abreviado núm. 321/2004). Expte. 27650/220.

18.- Aboamento de produtividade de D. Francisco Martínez Muñoz por desempeño de funcións de Xefe do Corpo da Policía Local. Expte. 27430/220.

19.- Revisión de prezos e Prórroga do Contrato de Vixilancia da Saúde do Servizo de Prevención e Riscos Laborais. Expte. 27622/220.

20.- Dar conta de resolucións do concelleiro-delegado da Área de Xestión municipal e Persoal:

a) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público D. José Mª Bello Roca, con efectos de data 09.03.2016. Expte. 27786/220.

b) Declaración da xubilación obrigatoria da empregada pública Dna. Amparo Salgado López, con efectos de data 28.03.2016. Expte.27787/220.

c) Autorización de horas extra ao persoal do servizo de Seguridade e Mobilidade para os meses de abril, maio e xuño de 2016. Expte. 27696/220.

d) Execución de sentenza nº 21/16, do 12 de xaneiro de 2016, ditada polo Xulgado do Social nº 2 – Reforzo no procedemento ordinario núm. 386/2015, interposto por D. Manuel Antonio Pereiro Alonso (expte.: 27731-220). Expte.: 27820-220.

e) Reasignación do empregado público municipal en réxime laboral D. Francisco Torres Rodríguez (persoal da extinta Escola Municipal de Artes e Oficios - EMAO), á Asesoría Xurídica Municipal. Expte. 27797/220.

f) Reasignación da empregada pública municipal en réxime laboral Dna. Rosa Garrido Troncoso (persoal do extinto Parque das Ciencias - VIGOZOO), á Intervención Xeral Municipal. Expte. 27765/220.

g) Encomenda de funcións para o desenvolvemento de funcións do posto de "Xefe da Unidade de Mantemento e Taller" do IMD, (código retributivo núm. 606), a D. Mario Iglesias Lado. Expte.14891/333.

SERVIZOS
21.- Proposta de aprobación do Programa de traballo e plan de control de calidade da obras "humanización rúa Marqués de Valterra". Expte. 3182/443.

TESOURERÍA
22.- Proposta de inicio de procedemento administrativo de constrinximento para o cobro de cotas adebedadas á entidade concesionaria do Servizo municipal de abastecemento e saneamento da auga, anos 2013-2014. Expte. 29653/700.

23.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de marzo de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 16 de marzo de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.