Escoitar

O Concello reclama a titularidade do tramo urbano da autopista e a eliminación da peaxe Vigo-Redondela

Abel Caballero instou á cesión da titularidade da AP-9 no tramo urbano, desde a saída a Buenos Aires ata o centro da cidade. O alcalde ve necesario a construción de dúas glorietas na entrada do nomeado vial, que sufragaría o Ministerio de Fomento.

mércores, 16 mar 2016
1458135487autopista.jpg
O alcalde reclamará aos gobernos central e autonómico que a entrada desde a saída de Buenos Aires ata o centro da cidade sexa tramo urbano para o que habería que construír dúas glorietas para conformar unha nova ronda urbana. Trasladará esta proposta aos gobernos autonómico e central coa convicción de esta actuación, que non será agresiva para o contorno, resolverá problemas de acceso ao Porto, mellorará a circulación por Sanjurjo Badía o que redunda en melloras para a economía e a industria de Vigo. Tal e como explicou, o goberno central é o responsable de sufragar esta circunvalación, como xa fixo no seu momento coa VG-20 ou a de Arquitecto Palacios.
Descargar todas as imaxes