O alcalde remite á Xunta cambios "menores" na Lei de Área, onde ve un "consenso practicamente total"
O Concello enviou este mércores á Xunta de Galicia algúns cambios a introducir no borrador de Lei de Área Metropolitana de Vigo, "modificacións menores" -pois "o máis importante está recollido"- que xa foron pactadas e versan sobre o papel da cidade olívica, o transporte e o financiamento. "Creo que temos un consenso practicamente total", concluíu Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores o envío á Xunta de "modificacións menores" ao borrador de Lei de Área Metropolitana de Vigo, cuestións que xa foron pactadas e recoñecendo que "o máis importante está recollido" xa. O rexedor vigués apuntou que "creo que temos un consenso practicamente total" sobre o contido da Lei.
Os cambios, informou Caballero, propoñen que Vigo vexa recoñecido co nivel de servizos que lle corresponde a unha capital de provincia, ademais dunha modificación sobre as vicepresidencias do organismo supramunicipal e a presencia de todos os concellos na comisión de coordinación de transporte. Neste foro, o goberno vigués tamén inclúe outras cuestións, como que os acordos da comisión sexan sometidos a aprobación polo goberno metropolitano, que inclúan informes de Tráfico e que, cando o transporte urbano de Vigo chegue a outro municipio, o concello receptor se faga cargo dos eventuais custos económicos derivados.
No tocante á Facenda, Vigo pon sobre a mesa unha modificación "técnica" que inclúa á Área na participación dos tributos do Estado e da Comunidade Autónoma, "unha fonte de financiamento á que non queremos renunciar", explicou o alcalde vigués. Por último, Caballero indicou a necesidade de incorporar no texto que as competencias sexan exercidas de forma gradual e acorde a un calendario, ademais de que se reflexe a capacidade dos municipios da Área de sair da mesma.