O alcalde reclama un convenio que certifique a cesión do antigo Xeral para sede xudicial
Tras a sinatura dun protocolo Xunta-Estado para reasignar os usos do "pirulí", Abel Caballero ratificouse este martes na necesidade de rubricar un convenio que dea "certezas" ao traslado, xa que o asinado onte é "unha declaración de intencións". O rexedor avanzou a redacción dun texto e a súa remisión ao Goberno de España. <br />
O alcalde de Vigo volveu reclamar este martes a sinatura dun convenio entre todas as partes que ratifique e proporcione "certezas" ao novo proxecto de Cidade da Xustiza nas instalacións do antigo Hospital Xeral. Caballero considera que "unha declaración de intencións" como a asinada onte entre o presidente da Xunta de Galicia e a ministra de Emprego e Seguridad Social, "aínda que valoramos o xesto", debe verse consolidada cun convenio.
O primeiro edil recordou que o proxecto de traslado "ten todo o noso apoio" máis reclamou que as certezas que só poden chegar da man dun convenio, con validez xurídica, polo que o goberno de Vigo se comprometeu a elaboralo e trasladalo ao Goberno de España. Ten que ser un convenio a tres bandas: do Goberno de España, comprometendo a cesión de uso da torre, co edificio central e anexos do Hospital Xeral; da Xunta, comprometendo a licitación e a contratación da obra por 30 millóns de euros; e do Concello, dando apoio e garantindo a tramitación. Con este obxectivo, Caballero enviará unha carta á ministra de Traballo, Fátima Báñez e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura deste acordo como única vía de garantir a viabilidade do proxecto.
Por outra banda, Caballero recordou que a Xunta de Galicia avanzou un prazo dun ano para licitar a futura Cidade da Xustiza, mentres que o seu vicepresidente, Alfonso Rueda, comprometeuse a que a obra comezara antes de finais de ano, sufragando o custo íntegro da obra.