martes, 15 mar 2016
Tras a sinatura dun protocolo Xunta-Estado para reasignar os usos do "pirulí", Abel Caballero ratificouse este martes na necesidade de rubricar un convenio que dea "certezas" ao traslado, xa que o asinado onte é "unha declaración de intencións". O rexedor avanzou a redacción dun texto e a súa remisión ao Goberno de España. <br />
martes, 15 mar 2016
AENA publicou onte luns as estatísticas aeroportuarias correspondentes ao mes de febreiro, que confirman ao aeródromo vigués como o de maior crecemento de España en pasaxeiros durante o que levamos de ano. No mes de febreiro, a terminal viguesa "bateu récords" por segundo mes consecutivo, tal e como resaltou o rexedor en declaracións aos medios.
martes, 15 mar 2016
Máis de cen pilotos nacionais e internacionais estarán en Vigo para o I Supercross + Freestyle, que se celebrará no IFEVI na última fin de semana do XXV Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo, os días 9 e 10 de abril. Logo de felicitar aos organizadores, Caballero animou a toda a cidade a gozar dun espectáculo que "desafía as leis da gravidade e fai posible o imposible".
martes, 15 mar 2016
No marco do programa de actos que con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres, organiza o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade, esta semana desenvolveránse as seguintes actividades: