Escoitar

O Concello destina 417.000 euros ao deporte de elite vigués

Abel Caballero asinou este xoves pola mañá os convenios de colaboración con sete entidades deportivas viguesas de elite coas que o goberno local coopera para a realización das súas actividades da temporada 2015-2016. As axudas ascenden a 471.000 euros que se suman ao case 1.400.000 euros destinados ao deporte base da cidade.

xoves, 17 mar 2016
1458223556deporte.jpg
O alcalde asinou hoxe na Casa Consistorial os convenios de colaboración cos representantes de sete entidades deportivas viguesas de elite para o desenvolvemento da súa actividade ao longo da temporada 2015-2016.

Segundo explicou este xoves o rexedor vigués, as axudas que reciben os clubs deportivos de elite ascenden a 417.000 euros, dos 595.000 euros que o presuposto destina a este deporte, e que se suman ao case 1.400.000 euros que o goberno local destina ao deporte de base. Así, os convenios asinados contemplan unha axuda de 53.000 euros para o CD AMFIV, o Club Deportivo Bosco recibirá 84.500 euros, 65.000 o Coruxo Fútbol Club e 23.000 o F.P.R Olivo; mentres a SD Octavio Vigo recibirá 114.500 euros, o CD Xuvenil de Teis 30.000 euros e o Club Vigo Voleibol 47.000 euros.
Descargar todas as imaxes