Escoitar

Alcalde e sindicatos coinciden na necesidade de asinar un convenio que garanta o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral

Un convenio a tres bandas -Goberno Central, Xunta e Concello- é imprescindible para salvagardar o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral de hipotéticos cambios políticos nas institucións. Así o acordaron o rexedor de Vigo e as tres centrais sindicais cos que esta mañá mantivo unha reunión para abordar esta cuestión.

xoves, 17 mar 2016
1458223447sindicatos.JPG
Abel Caballero reuniuse esta mañá con representantes das tres centrais sindicais "nun ambiente moi cordial e con vontade de entendemento" sobre o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral, mantendo nesta ubicación atención sanitaria para complementar ao hospital de Beade-Valladares. Respecto da situación dos actuais xulgados, Caballero trasladou aos sindicatos a súa vontade de solicitar a construción da Biblioteca do Estado nos terreos expropiados, así como conseguir da Xunta o traspaso dos edificios para convertelos en dous grandes centros cívicos. Deste xeito, constituiríase unha Cidade da Cultura, con ligazón coa Escola de Enxeñeiros, de Economía, ademais do Auditorio Mar de Vigo, coa UNED.

En todo caso, a certeza deste traslado non chegará, en opinión do alcalde e sindicatos, ata que se asine un convenio no que o Goberno Central comprometa a cesión gratuíta do edificio; a Xunta a licitación e os fondos para a obra; e o Concello, o desenvolvemento urbanístico preciso. Respecto dos aparcadoiros, Caballero cualificou de boa idea que a Xunta alugue prazas un aparcamento baixo terra para garantir este servizo ao persoal.
Descargar todas as imaxes