Escoitar

O alcalde destaca a potencialidade das Illas Cíes como reclamo turístico de Vigo

Na inauguración do II Encontro Cluster de Turismo de Galicia que se celebra no Auditorio do Mar de Vigo, Abel Caballero alentou aos participantes a atopar fórmulas turísticas que permitan "crear relacións entre países e persoas" e que sirvan para o longo prazo.

xoves, 17 mar 2016
1458223507clusterturismo.JPG
O Auditorio do Mar de Vigo acolleu este xoves o II Encontro Cluster de Turismo de Galicia, organizado por esta entidade xunto coa Deputación de Pontevedra, no que se analiza e debate sobre as posibilidades turísticas de Vigo, da provincia de Pontevedra e de Galicia.

Na inauguración do foro, o rexedor vigués puxo en valor a actual e futura marca turística do Concello: as Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, unha candidatura que se lanza cunha "mensaxe medioambiental, de paisaxe e de respecto ao planeta". Ademais, animou aos participantes no encontro a buscar fórmulas que permitan activar o turismo no longo prazo "empezando a poñer as luces longas para atopar os motivos para que nos visiten e crear relacións entre países e persoas a través do turismo".
Descargar todas as imaxes