Escoitar

Alcalde e Enxeñeiros comparten "integramente" o proxecto de traslado da xustiza ao antigo Xeral

Abel Caballero continuou este venres coas reunións para pulsar a opinión da cidade sobre a localización da Cidade da Xustiza no antigo hospital Xeral. Os representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Industrais de Vigo "comparten integramente" tanto este traslado como erixir unha biblioteca estatal no entorno da rúa Lalín, explicou o alcalde.

venres, 18 mar 2016
1458307949ingeniero.JPG
O rexedor vigués engadiu que os enxeñeiros lle propuxeron algunhas ideas para o proxecto, sobre novas tecnoloxías, inmobles modernos ou aislamentos técnicos. Caballero asegurou que, desde a súa posición, o Colexio pretende contribuir no uso tecnolóxico e técnico do novo edificio.
Descargar todas as imaxes