O goberno destina 1 millón de euros ao fomento do emprego nas entidades sen ánimo de lucro
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a convocatoria e as bases reguladoras das subvencións para a creación de postos de traballo en entidades sen ánimo de lucro para este ano 2016, amais de dar o visto e prace á contratación dos servizos de promoción e divulgación dos xacementos arqueolóxicos do Castro e de Toralla. Tamén se aprobou o convenio coa Asociación Casco Vello de Vigo para a organización da Festa da Reconquista por un importe de 40.000 euros.
O Concello pon en marcha o plan de fomento do emprego para as entidades sen ánimo de lucro coa aprobación na Xunta de Goberno Local da convocatoria e as bases reguladoras destas subvencións que ascenden 1 millón de euros, destinados a crear postos de traballo nestas entidades durante este ano 2016.
Abel Caballero explicou que as axudas serán concedidas en réxime de concorrencia competitiva en base ás propostas dos solicitantes repartidas en seis programas: entidades veciñais e culturais, entidades sociais e asistenciais, organizacións sindicais, entidades empresariais, comunidades de montes e entidades deportivas. As persoas que queiran optar a ser empregadas no marco deste programa deben estar empadroadas no Concello de Vigo polo menos dende o 1 de xaneiro de 2015 e poderán consultar as bases da convocatoria tanto no Portal de Transparencia como na web municipal.
Segundo informou o rexedor, en virtude deste programa destinado ao fomento do emprego, no ano 2015 contratáronse 155 persoas e beneficiáronse 55 entidades.
Outros acordos da Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres ao Plan de Control de Calidade das obras de humanización da rúa Marqués de Valterra polo que xa se inician as actuacións e tamén aprobou por procedemento aberto a contratación dos servizos de promoción e divulgación dos xacementos arqueolóxicos do Castro e da Vila Romana de Toralla. O contrato esténdese tres anos, cun importe de 80.000 euros, co obxecto de divulgar entre a cidadanía a importancia arqueolóxica dos dous recintos e das visitas que poden realizarse para coñecer a súa riqueza.
Ademais, o Concello cede temporalmente unha vivenda municipal a unha muller vítima da violencia de xénero que a terá ao seu dispor durante seis meses prorrogables a máis tempo.
Na sesión deste venres 18 de marzo, a Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración coa Asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo para a organización da Festa da Reconquista 2016. Trátase dunha subvención de 40.000 euros "que se complementa con outras accións que superan os 20.000 euros para dar a coñecer a historia da cidade e fomentar a participación cidadá na celebración", segundo Caballero, para quen a festa tamén serve de "recuperación social do Casco Vello, que ten unha recuperación arquitectónica visible e temos que manter a tensión para a recuperación social, que está sendo un éxito sen precedentes", de maneira que durante as fins de semana o Casco Vello "queda pequeno".