Escoitar

O goberno de Vigo creará un "macro parque infantil" en Venezuela de mil metros cadrados

Tras aprobar este venres o expediente de contratación das obras, Caballero explicou que o investimento ascenderá aos 767.000 para crear un "marco parque infantil" totalmente renovado e ampliado, gañando o espazo dun dos actuais carrís de circulación e habilitando pasos de peóns amplos en Venezuela, similares aos da Porta do Sol.

venres, 18 ago 2017
O goberno de Vigo vén de aprobar o expediente de contratación das obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela, que presenta un importe de 767.000 euros para elevar a superficie do recinto aos mil metros cadrados.

Este novo "macro parque infantil" no centro de Vigo será totalmente renovado e ampliado, cun novo pavimento, con caucho e novos xogos infantís e unha xardineira de 83 metros de lonxitude e 1,6 metros de ancho.

Caballero avanzou que se redistribuirá os espazos da rúa Venezuela, de tal forma que o futuro parque infantil ocupará un dos carrís actuais de circulación e será máis "permeable" grazas a dos novos pasos de peóns nos extremos cunha ducia de balizas luminosas, similares aos da Porta do Sol. O Concello instalará a sinalización horizontal necesaria.

Autopilot
O goberno de Vigo tamén acordou a participación do Concello no Programa Europeo Autopilot, da Comisión Europea. Explicou Caballero que Vigo recibe máis de 52.000 euros de apoio para un proxecto de mobilidade sostible e intelixente, no que se desenvolverán experiencias que permitan demostrar "as condicións reais da viabilidade da conducción automática de vehículos" na cidade.

Está acontecemento, valorou o alcalde de Vigo, una "revolución" na automoción, na conducción automatizada, que "hai que seguila día a día" como "cidade do automóbil" que é Vigo.