Escoitar

O alcalde compromete vixilancia "todo o tempo preciso" no edificio de Travesía de Vigo

Abel Caballero comunicoulle á directiva da comunidade de veciños do número 203-205 da rúa Travesía que o Concello manterá o operativo de vixilancia posto en marcha para ofrecerlles seguridade fronte ás ameazas dos ocupantes dunha das vivendas.

venres, 18 ago 2017
1503061564okupas.JPG
No encontro mantido este venres en Alcaldía, o rexedor trasladoulle á comunidade de veciños o seu compromiso de "manter vixilancia activa e moi intensa con presenza de coches, axentes uniformados en máxima alerta para que os responsables dos feitos denunciados pola veciñanza teñan constancia da súa proximidade" e con presenza da policía de paisano, un equipo de axentes municipais da EVAP, na zona e no propio edificio.

O alcalde explicou que activou o dispositivo de seguridade e vixilancia da Policía Local "en canto tivo coñecemento" dos incidentes graves que se producían no número 203-205 de Travesía de Vigo pola alarma social e a inseguridade que xeran nos habitantes. Amais engadiu que a atención se manterá "todo o tempo preciso" porque "hai poucas cousas que irrompan tanto na vida da cidadanía como sentirse inseguros na súa propia casa" e asegurou que no teléfono 092 se presta unha atención especial a calquera chamada que proceda desa zona da cidade.
Descargar todas as imaxes