Escoitar

O alcalde recibe ao neno Vigo Martínez Garrido

Abel Caballero saudou este venres no Concello á familia dun neno nacido en Madrid, a quen seus pais decidiron chamar Vigo e que leva os apelidos Martínez Garrido, unha anécdota que destacou Caballero por levar un "nome e apelidos tan singulares e queridos na cidade". A nai do pequeno é viguesa, nacida en Coia, e do Celta, engadiu o rexedor, que lembrou que o ano pasado saudara tamén á familia dun bebé chamado Vigo, polo que apuntou que "están empezando a aparecer xeracións de Vigos, que é un nome marabilloso; o da cidade máis fermosa do mundo".

venres, 18 ago 2017
1503061073neno.JPG
Descargar todas as imaxes