O alcalde celebra o San Blas en Bembrive

venres, 3 feb 2023

A parroquia viguesa recupera este ano a tradicional celebración logo das restricións da pandemia cunha programación ampla de música e folclore. Abel Caballero sumouse este venres á festa, declarada de Interese Turístico Galego, achegándose aos furanchos e animándose a tocar na rúa cos grupos de música participantes na celebración do San Blas.

O alcalde súmase á celebración da festa das Candelas

xoves, 2 feb 2023

Abel Caballero achegouse este xoves á tradicional romaría das Candelas na Igrexa románica de Castrelos onde participou na entrega de agasallos ás avoas e avós da parroquia. O rexedor agradeceu o traballo da Asociación de Festas e Cultura de Castrelos "As Candelas e San Blas” que fan posible a celebración cada ano deste evento e lembrou o apoio municipal ás festas da cidade, que este ano triplican as axudas.