Caballero convoca aos vigueses a presenciar o "extraordinario" espectáculo do Certame de Rondallas
O alcalde e a concelleira de Festas presentaron este mércores, con representantes das rondallas de Valladares, Freixo, Beade, Zamáns e Helios de Bembrive, o V Certame de Rondallas de Vigo. Está programado para o día 13 de xaneiro no Pavillón de As Travesas. Contará coa participación de 600 artistas e artistas.
Abel Caballero convoca aos vigueses a asistir, a partir das seis da tarde do sábado 13 de xaneiro, ao V Certame de Rondallas de Vigo que se celebrará no Pavillón de As Travesas. “É un espectáculo extraordinadio, digno de ser vivido e de ser visto”, afirmou o alcalde ao apuntar a participación de cinco rondallas: CVC de Valladares, CSCR de Beade, SCDR Helios Bembrive, AVV de Zamáns e Peña de Freixo-Valladares.
O rexedor incidiu en que se trata dunha “gran tradición de Vigo”. Lembrou que a “gran mobilización” que representa o espectáculo contará cunha duración de hora e media, así como con entrada gratuíta ata completar o aforo de 3.400 persoas. “Non é necesaria invitación. Ir, entrar e presenciar”, apuntou.
O alcalde puxo en valor as rondallas de Vigo ao afirmar que se trata “dunha tradición de extraordinaria importancia” na cidade. Incidiu en que é “unha forma de entender a Vigo; de sentir máis a profundidade das raíces da cidade”, por iso é polo que o Concello realiza un certame propio de rondallas da urbe. “É unha forma de emerxer as tradicións” argumentou, tras expresar a vocación do goberno en que “perdure” na memoria dos vigueses.
Caballero felicitou aos integrantes das rondallas por manter en pé unha tradición que forma parte dos recordos da cidade.