O Concello busca coa organización de O Marisquiño un novo espazo para o Dirt Jump

xoves, 12 xan 2023

Vigo contará cun espazo para a celebración do Dirt Jump, segundo garantiu esta mañá o rexedor nunha rolda de prensa na que criticou a falta de resposta da Autoridade Portuaria á solicitude de autorización que fixo a organización de O Marisquiño. Caballero confirmou que o Concello xa está a buscar solucións cos promotores deste festival urbano.

Vigo é a primeira cidade á que chegan os Reis Magos este 5 de xaneiro

xoves, 5 xan 2023

A cabalgata estática na avenida de Castelao recibiu a miles de nenas e nenos que esperaban a chegada das súas Maxestades. Ás 17:30 horas comezará a cabalgata tradicional con saída desde praza América e rematará coa entrega de chaves por parte do alcalde aos Reis Magos. Abel Caballero pediu a Melchor, Gaspar e Baltasar “seguir a esta velocidade de avance e progreso na cidade e que a cidadanía sexa feliz en Vigo”.

O Concello desviará o tráfico de entrada á cidade cara a zona de Samil

luns, 2 xan 2023

Abel Caballero deu conta do plan de tráfico para os días dous, tres e catro de xaneiro, datas nas que se espera unha gran afluencia de persoas á cidade. “Imos redirixir aos usuarios de fóra da cidade á zona de Samil, onde haberá lanzadeiras de transporte público”, explicou o alcalde. Na fin de semana a ocupación hoteleira de Vigo foi do 85%.