xoves, 31 ago 2023
O alcalde manifestou que xa está a traballar nos concertos de Castrelos para o verán do ano 2024: “Este ano foi o mellor e o próximo será aínda mellor”, expresou ante os medios. Abel Caballero cualificou de “éxito e calidade” as actuacións deste verán, coa presenza de Andrés Calamaro, David Bisbal, Pablo López, Alejandro Sanz, a Coral Casablanca, Bad Gyal, Ana Mena, David Guetta e Beret, amais dos espectáculos infantís. Caballero di “é difícil calcular a asistencia” e cifrou a afluencia de público por enriba dos 600.000. Os concertos de Castrelos contaron cun “Punto Lila” para a concienciación na loita contra a violencia de xénero e a igualdade.
luns, 28 ago 2023
Abel Caballero recibiu este luns á comisión de festas de Santa Ana e puxo en valor o traballo desenvolvido na celebración deste ano, especialmente o do seu presidente Jesús Soutelo.
venres, 25 ago 2023
As reservas en platea pódense adquirir de xeito online o luns 28 de agosto a través de www.vigoenfestas.com a partir das 9:30 horas ata o fin de existencias. Beret subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro mércores 30 de agosto.
mércores, 23 ago 2023
Beret subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro mércores 30 de agosto para presentar na cidade os temas do seu novo disco “Resiliencia”. Su actuación suporá o peche dos concertos de verán en Castrelos.
luns, 21 ago 2023
O alcalde cifra a asistencia ao parque de Castrelos en 120.000 persoas e cualifica o espectáculo do DJ francés como “indescritible e apoteótico”
luns, 14 ago 2023
Máis de 150.000 persoas asistiron ao entorno de Samil para participar e presenciar as actividades deportivas e festivas de O Marisquiño. Os hoteis rexistraron unha ocupación do 94% durante a fin de semana.
venres, 11 ago 2023
Este show terá lugar o domingo 20 de agosto, arrincando ás 20:30 horas cun evento de 4 horas, dentro do programa Vigo en Festas 2023. O alcalde sinalou que “será excepcional, probablemente sexa o máis importante que sucedeu en Castrelos na historia”.
xoves, 10 ago 2023
O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata a zona de Samil, onde este ano se instalarán cinco probas do festival O Marisquiño. O alcalde puido falar cos primeiros deportistas que xa están na cidade para participar no evento que se desenvolve na cidade o 11, 12 e 13 de agosto. "Moitos son deportes olímpicos e veñen a facer as súas marcas para participar nas Olimpiadas. Este evento supera as 100.000 personas. A afluencia é masiva na cidade. É o evento máis importante que se fai en Europa", declarou.
xoves, 10 ago 2023
As reservas en platea pódense adquirir de xeito online o venres 11 de agosto a través de www.vigoenfestas.com a partir das 9:30 horas ata o fin de existencias.
mércores, 9 ago 2023
Abel Caballero deu conta esta mañá da primeira reunión do recen formado Comité de Nadal, no que se traballará “para estendelo no conxunto da cidade”, xa que “sabemos que o Nadal de Vigo irá a máis”. O rexedor fixo fincapé no tráfico “tanto de acceso a cidade como no interno, buscando o máximo de fluidez”.