Escoitar

O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

O australiano Ziggy Alberts e uns vellos coñecidos, Luis Zahera e Oswaldo Digón, son as últimas incorporacións ao cartel da quinta edición do Festival TerraCeo. Estas novas actuacións súmanse ao primeiro avance dun cartel estelar con concertos que irán desde o mes de maio ata o mes setembro. Actuarán o 27 de xullo e 19 de xullo, respectivamente.

martes, 23 abr 2024

O australiano Ziggy Alberts e uns vellos coñecidos, Luis Zahera e Oswaldo Digón, son as últimas incorporacións ao cartel da quinta edición do Festival TerraCeo. Actuarán o 27 de xullo e 19 de xullo, respectivamente, na terraza do Auditorio Mar de Vigo, onde xunto coa música e os monólogos, se pode disfrutar do solpor sobre a ría de Vigo co telón de fondo das Illas Cíes.

Estas novas actuacións súmanse ao primeiro avance dun cartel estelar con concertos que irán desde o mes de maio ata o mes setembro: aos que se unen Ziggy Alberts, un dos principais artistas independentes de Australia nos últimos anos. A súa xenuína historia de base cativou a audiencias de todo o mundo, acumulando máis de 1,6 millóns de oíntes mensuais só en Spotify e sendo recoñecido por medios como Billboard Magazine e Clash. Coa súa música folk ha alcanzado seis singles de ouro, un álbum de ouro, sete singles platino, un dobre single platino e un EP platino. Chega ao festival TerraCeo coa súa xira mundial “New Love”.

Este ano, TerraCeo recupera o humor e os monólogos na terraza, coa participación duns vellos coñecidos. Luis Zahera e Oswaldo Digón chegan este verán ao festival por excelencia da cidade de Vigo, ofrecendo unha ocasión única de gozar de dous monstros do humor xuntos nun dos mellores escenarios naturais. Risas aseguradas no marco incomparable do Festival TerraCeo. Zahera, co seu inconfundible estilo, conquistou tanto a gran pantalla como a pequena coa súa versatilidade e carisma, mentres que Digón, recoñecido polo seu humor absurdo e a súa habilidade para arrincar gargalladas, é unha presenza imprescindible no panorama cómico nacional. A combinación destes dous grandes artistas no escenario de TerraCeo asegura unha velada inesquecible, onde o público tamén gozará do mellor do humor español nunha contorna única.

Todos os detalles sobre a quinta edición de TerraCeo e a venda de entradas pode atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo www.auditoriomardevigo.com

Descargar todas as imaxes