O Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pontes na zona de Lavadores
A obra dá continuidade á senda do Lagares con dúas pasarelas, unha na rúa Naia e outra nas proximidades á cascada de Cova da Serpe.
A obra do Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pasarelas de madeira para dar continuade á senda fluvial. Abel Caballero e a tenente de alcalde e edil de Urbanismo, María José Caride, supervisaron este novo paso para proseguir co corredor natural ata os 11,3 km de lonxitude.
As pasarelas, de 15 e 13 metros de lonxitude, atópanse na contorna da rúa Naia e nas proximidades ao salto de auga de Cova da Serpe.
O Concello está a desenvolver os 3,2 novos kilómetros do paseo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid: “Seguimos avanzando neste novo tramo que descubre zonas inéditas e dunha beleza excepcional”, declarou o rexedor. O investimento é de 1,2 millóns de euros.
Segundo manifestou Caballero, este corredor natural suma 28.700 metros cadrados de zona verde e haberá case mil novos árbores no entorno.