Escoitar

Abre o prazo de inscrición para as visitas ás Illas Cíes do "Camiño a Camiño" os domingos 19 e 26 de maio

O Concello volve organizar visitas ás Illas Cíes dentro do Programa Camiño a Camiño. Os itinerarios terán lugar os días 19 e 26 de maio, segundo anunciou este luns Abel Caballero ao indicar que a preinscrición para acceder a unha das 300 prazas ofertadas realizarase a través do servizo municipal do 010 e que o peche da inscrición hai que realizalo na Navieira Mar de Ons.

luns, 22 abr 2024

O alcalde anunciou hoxe que mañá martes 23 e o mércores 24 de abril as persoas interesadas en participar na visita programada para o 19 de maio ás Illas Cíes poderán preinscribirse a través do servizo 010 e deberán pechar a inscrición o venres 26 na Navieira Mar de Ons.

O prazo para anotarse á cita do 26 e maio abrirase do martes 30 de abril ata o xoves 2 de maio e pecharase o día 3 de maio, co mesmo procedemento do primeiro itinerario.

O prezo do billete é de 8,5 euros para os maiores de 5 anos. A viaxe comezará ás 9 da mañá, con convocatoria previa unha hora antes na Estación Marítima, para finalizar coa saída do barco ás 8 da tarde.

Descargar todas as imaxes