venres, 26 abr 2024
O alcalde anunciou a aprobación do proxecto para construír o ascensor na rúa Juan Ramón Jiménez para unir, co segundo elemento mecánico, as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira.
venres, 26 abr 2024
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a subvención á Federación Española de Tríatlon para organizar ambas probas, a fin de semana do 1 e 2 de xuño con Samil como epicentro. O alcalde indicou que o Paratríatlón tratase dunha proba “que traerá a deportistas de todo o mundo para sumar puntos para a clasificación dos Xogos Paralímpicos de París”.
venres, 26 abr 2024
O goberno local aprobou este venres a xestión do Servizo Municipal de Atención Domiciliaria da Infancia e o convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para prestar atención especializada ás mulleres vítimas de violencia machista.
venres, 26 abr 2024
O goberno local aprobará o martes que vén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións da Biblioteca do Estado o que permitirá avanzar na construción desta dotación. En tres meses, o Concello estará en condicións de cederlle os terreos ao Ministerio de Cultura.
venres, 26 abr 2024
Abel Caballero anunciou hoxe que ata o venres 10 de maio permanecerá aberto o prazo para participar na "IX Adaina polos montes de Vigo", parte do programa “Camiño a Camiño”, que se celebrará o domingo 12 de maio con saída no Parque Forestal de Saians. As inscricións poderán realizarse a través do servizo municipal do 010.
venres, 26 abr 2024
Vigo será o escenario deste destacado evento, no que están confirmados máis de 100 relatores, e no que se espera a participación de máis de 800 asistentes presenciais e 1.000 en formato online. The Way celebrarase o 9 e o 10 de maio e acollerá na súa axenda, entre outras actividades, o Investor´s Day da sétima edición de ViaGalicia.