Un novo ascensor conectará as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira
O alcalde anunciou a aprobación do proxecto para construír o ascensor na rúa Juan Ramón Jiménez para unir, co segundo elemento mecánico, as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira.
As rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira estarán unidas por un novo ascensor a través de Juan Ramón Jimenéz. A Xunta de Goberno aprobou o proxecto para o novo elemento mecánico que “custará algo máis dun millón de euros”, segundo dixo o alcalde.
Abel Caballero explicou que o novo ascensor é exterior e que salva un desnivel de 11 metros de altura. “Haberá unhas escaleiras ao lado para quen queira subir a pé”, aclarou. Como vén sendo habitual neste tipo de actuacións, tamén se humanizará o ámbito, con beirarrúas máis anchas, novas pavimentacións, redes de pluviais, renovación do alumeado público e mobiliario urbano.
Esta actuación enmárcase dentro dun dos corredores mecánicos que o goberno local está a executar e, neste caso, vai desde o Auditorio Mar de Vigo ata Hispanidade. “Un gran corredor para salvar o desnivel de 200 metros que hai desde o Porto ata a alto da cidade”, concluíu.