Escoitar

A primeira xornada do torneo escolar de debate céntrase na necesidade do control da intelixencia artificial

Abel Caballero trasladou este xoves ao alumnado de terceiro e cuarto de Educación Secundaria dos institutos República do Uruguai, A Guía, Álvaro Cunqueiro e Alexandre Bóveda, que participan no primeiro torneo de debate escolar entre distintos centros públicos de Vigo, a importancia de desenvolver as habilidades de argumentación en público e de manter o interese por estar informados e formados. A xornada de apertura do torneo que se celebra no Auditorio Municipal, confrontou a 6 equipos de 4 alumnos cada un, con dobre participación do IES República do Uruguay, e centrouse no tema de se os estados deben controlar a intelixencia artificial. O luns 29 terá lugar a final, tamén no Auditorio Municipal. O alcalde remarcou a iniciativa dos catro institutos organizadores por colocarse á altura da universidade.

xoves, 25 abr 2024
Descargar todas as imaxes