Escoitar

O TSXG confirma a legalidade da decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia

Unha nova sentenza, neste caso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, avala a decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia. A resolución confirma a legalidade da prórroga aprobada polo Concello o 30 de decembro de 2020.

venres, 19 abr 2024
Foto de arquivo dunha visita á potabilizadora.
Foto de arquivo dunha visita á potabilizadora.

O alcalde valorou esta mañá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que vén de confirmar a legalidade da decisión de prorrogar o contrato de concesión de Aqualia adoptada polo Concello o 30 de decembro de 2020. Esta resolución ratifica a sentenza do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo que xa declaraba axustada a dereito esta prórroga e rexeitaba, por tanto, o recurso de apelación interposto, con condena en costas ao recorrente.

Esta decisión do TSXG avala na súa integridade a sentenza do 1 de setembro de 2022 que inadmitía o recurso presentado contra o acordo municipal de prorrogar o contrato de concesión da xestión integral do servizo de auga. O Tribunal non so inadmite o recurso senón que entre fondo do asunto incluindo parágrafos como: “La prórroga ORDINARIA que se ha acordado es perfectamente lícita y conforme a Derecho, y con esto debería concluir el pleito”, recordou Caballero.

Descargar todas as imaxes