Escoitar

Abel Caballero: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia"

O presidente da Zona Franca e alcalde de Vigo acudiu á toma de posesión do delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. Máis de 400 representantes del tejido empresarial, social e institucional gallego arrouparon a Regades, que avanzou a continuidade dos proxectos en marcha e fixo balance positivo dos anos previos ao fronte da institución.

xoves, 18 abr 2024

Dúas semanas despois da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial do Estado hoxe celebrouse o acto de recepción formal de David Regades Fernández do cargo de Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. O evento, celebrado no auditorio Mar de Vigo, contou coa presenza do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e do Alcalde de Vigo e Presidente do Consorcio, Abel Caballero, entre outras autoridades. A Directora Xeral e Secretaria Xeral do Consorcio, Inés González, foi a encargada de dar lectura ao Real Decreto de nomeamento do novo Delegado que, a continuación, prometeu o cargo ante o Alcalde de Vigo e Presidente da Zona Franca, Abel Caballero.

Abel Caballero celebrou que Regades volva a ser o encargado de levar adiante os proxectos de Zona Franca Vigo: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia".  Así mesmo, sinalou que a institución “ten que desempeñar nos próximos anos un papel aínda máis importante que no últimos cinco” e aludiu a que “ese é o encargo que che fai a cidade, que che fai o Goberno de España, que che fai un proxecto do que ti formas parte desde o principio e que foi capaz de poñer Vigo no centro do mundo”. Caballero aludiu a que “Vigo necesita puntos de apoio para palanquear e mover o mundo” e dixo que o Consorcio “é un gran punto de apoio da Economía da cidade, por iso témola que coidar tanto, estar pendentes sempre do que significa e do que é”. Finalmente, anunciou que David Regades “deu grandes novidades no seu primeiros cinco anos de xestión e no seu seguintes catro máis catro anos, polo menos, vai haber moitas máis novidades da Zona Franca de Vigo”.

O novo delegado fixo un repaso pola súa xestión á fronte da institución e manifestou que “esta é unha Zona Franca das empresas, que nos viron estes últimos anos como unha ferramenta útil, necesaria, máis accesible e máis próxima”. Engadiu que no últimos seis anos “pasouse de 660 a 706 empresas situadas na Zona Franca; de 17.569 traballadores a 20.000; dun investimento que superou máis de 60 millóns de euros; ou dos 480 millóns de activos contables cando chegamos á Zona Franca a 566”. “Esta sociedade pública ha crecido nestes anos un 20 %”, agregou.

Regades apuntou que Vigo é o primeiro e que “este nomeamento é unha mostra máis do meu compromiso coa cidade”; e engadiu que o seu obxectivo é “manter a senda do crecemento que iniciamos no 2018, que reforzou a Economía de Vigo; e dar un paso máis na proximidade que impulsamos fai seis anos da Zona Franca coa cidade, abrindo as portas a todos os colectivos da nosa área”.

Descargar todas as imaxes