luns, 15 abr 2024
Abel Caballero animou este luns aos alumnos de quinto e sexto de educación primaria do CEIP A Dobrada, que participan no primeiro itinerario da actividade didáctica “A Máquina do Tempo-Reconquista Vigo 2024”, a afondar no coñecemento dun dos episodios máis importantes da historia da cidade percorrendo, co soldado francés Pierre Delapierre, coa heroína de Vigo Aurora, e o experto Eduardo Rolland, os escenarios do Casco Vello onde en 1809 os vigueses expulsaron ás tropas francesas.
luns, 15 abr 2024
Abel Caballero deu conta das actividades que están a desenvolver o MARCO e a biblioteca municipal Neira Vilas con motivo do Día do Libro, que se celebra el 23 de abril. O Salón de Actos do museo vigués acollerá unha charla coloquio con 3 escritoras que contarás a súa experiencia no mundo literario.
luns, 15 abr 2024
O alcalde deu conta do desenvolvemento de dúas xornadas de debate – este xoves 18 de abril e o vindeiro 9 de maio- baixo o título “Olladas sobre a emigración galega a Europa”, que contarán con expertos das universidades galegas.
luns, 15 abr 2024
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Olga Alonso, recibiron hoxe no Concello aos 10 estudantes franceses de Avignon que participan no Programa Erasmus de intercambio cultural, artístico e histórico co Colexio Losada. O alumnado deste centro docente de Vigo, que tamén participaron no encontro co alcalde, xa realizaron o intercambio. Os mozos, tras reunirse co alcalde, visitaron o xacemento e as galerías do Castro.