O Concello aproba unha batería de axudas para clubes deportivos
A Xunta de Goberno do Concello acordou este venres conceder unha axuda de 20.000 euros ao Club Ciclista Rías Baixas para que organice en maio Vigo a “IV Vigo Copa de España”. Así o anunciou o alcalde ao apuntar que o goberno municipal tambén aprobou axudas a dous clubs de elite. “Nestas tres decisións damos un apoio de 350.000 euros a deportes singulares e tan importantes: fútbol, balonceso feminino e ciclismo”, recalcou Abel Caballero.
O goberno municipal de Vigo aprobou hoxe unha batería de axudas deportivas. Aos 20.000 euros que recibirá o Club Ciclista Rías Baixas para organizar a Copa de España en Vigo, sumaranse os 170.000 euros para o Club Deportivo Bosco e os 160.000 para o Coruxo Club de Fútbol; así como o 1.100.000 euros das bases para a convocatoria de subvencións deportivas a entidades sen ánimo de lucro. O alcalde recordou que na adxudicación de estas últimas axudas terase en conta a relevancia do proxecto ou o número de licenzas, entre outros parámetros.
O rexedor destacou que coa volta ciclista a cidade converterase o próximo mes de maio en “un centro internacional do ciclismo”, e recalcou que ás dúas últimas subvencións a clubs de elite sumaranse outras a aprobar nun futuro próximo.
Abel Caballero lembrou que o Concello de Vigo destina de forma directa para apoiar o deporte 1.6200.000 euros, aos que hai que engadir a cesión de uso dos campos de modo gratuíto así como dos pavillóns deportivos “a prezo practicamente cero”.
O alcalde incidiu en que o orzamento de Deportes para 2024 ascende a 18 millóns de euros. “Subiu un 25 por cento con respecto ao ano pasado porque o deporte é moi importante, e xoga tanto papel na cidade que queremos estar á beira do deporte “.