O goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela
A Xunta de Goberno Local dará o visto bo na sesión deste venres á adxudicación do proxecto de renovación do recinto que ten un importe de licitación de case 350.000 euros.
A Xunta de Goberno Local dará o visto bo na sesión deste venres á adxudicación do proxecto de renovación do recinto que ten un importe de licitación de case 350.000 euros.
Abel Caballero mantivo un encontro esta mañá con Alexis Alonso Rodríguez, primeiro tenente de alcalde de Pájara, e con Raimundo Dacosta Calviño, concelleiro de Emerxencias e Praias. Caballero relatou que a cidade da illa de Fuerteventura, "é un dos grandes municipios turísticos de España". Na conversa, "falamos de posibles cooperacións entre ambos municipios", indicou o alcalde, destacando que "dende Vigo estaremos encantados de ter unha relación fluída e colaborar cun municipio cunha extraordinaria presenza turística en toda Europa". Na reunión tamén estiveron presentes a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o delegado da Zona Franca, David Regades.
O rexedor reuniuse hoxe con membros responsables da Asociación Discamino de Santiago, na que "falamos de proxectos de colaboración" polo cal "asignarésmolles apoio económico". Caballero destacou o seu desexo de que "sexa unha forma de que todo o mundo teña actividade e conte cunha gran visibilidade" para as persoas con diversidade funcional, ademais de ser un gran proxecto de "sensibilidade social".
O venres 12 de abril comeza o prazo de solicitude das becas municipais para estudantes da Escola Oficial de Idiomas para estancias lingüísticas no estranxeiro. Xapón e Italia amplían as prazas. As solicitudes poden facerse en https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv
O Concello de Vigo celebrará o vindeiro venres 26 de abril o "Día Europeo dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas ao Pazo Quiñones de León. O alcalde lembrou este xoves que a participación na actividade, que require realizar unha reserva no servizo municipal 010, é totalmente gratuíta.