Escoitar

Caballero celebra o PERTE Mar-Industria: “Vigo ten empresas que xogan un papel importante”

O Goberno de España anunciou que as empresas do sector poderán optar a 40 millóns de euros en subvencións. O alcalde celebra que desde o Executivo estean a apostar pola industria e a economía de Galicia e Vigo.

mércores, 10 abr 2024

As empresas do sector do mar poderán optar a fondos europeos. O Goberno de España anunciou este martes que conseguiu darlle luz verde ao PERTE Mar-Industria cun investimento público de 40 millóns de euros. O alcalde celebrou a noticia e felicitou ao Goberno de España pola negociación coa Comisión Europea, xa que nun principio non estaba previsto adicar recursos a estas empresas.

Caballero recibiu a noticia con entusiasmo porque “Vigo ten empresas no sector do mar que xogan un papel importante”. Con isto, puxo de manifesto o apoio do Goberno de España a Vigo coa posta en marcha dos seguintes PERTE: a automoción, con Stellantis; o PERTE Naval, con 130 millóns de euros; o PERTE de microchips, co centro de Vigo; a dixitalización do ciclo da auga, con 9 millóns e o kit dixital para pemes.

“O Goberno de España potencia o apoio á industria e á economía de Galicia e Vigo. Rueda, en lugar de recoñecelo, négao e arremete contra o Executivo. A Xunta nin está nin se lle espera”, criticou o rexedor.

Descargar todas as imaxes