O Concello organiza o 19 de maio unha proba de scape room con 120 participantes da Escola Oficial de Idiomas
O Concello organiza, en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas, unha proba de scape room. Programada para o domingo 11 de maio a partir das 11 da mañá, os participantes percorrerán a pé durante tres horas distintos enclaves da cidade superando unha serie de probas e retos, segundo avanzou este martes o alcalde de Vigo.
Abel Caballero explicou que a actividade a desenvolver o domingo 19 de maio entre o Concello e o Colexio Oficial de Idiomas conlevará percorrer distintas zonas da cidade coa guía dun mapa para localizar puntos de control, ademais de superar probas físicas e de coñecementos.
O rexedor indicou que o obxectivo da “competición” do scape room é promocionar un mellor coñecemento da cidade.
No scape room participan equipos conformados por entre 2 e 5 persoas, co que se crearán ata 50 grupos. Poderán inscribirse 120 alumnos da Escola Oficial de Idiomas e as prazas vacantes poderán ser utilizadas por usuarios do programa “Camiño a Camiño”.
“Tres horas nas que se pasa ben, coñécese a cidade e descóbrense enclaves importantes de Vigo”, incidiu Abel Caballero.