Aberto o prazo de solicitude das becas de inglés ata o 19 de abril
Abel Caballero anunciou este luns a apertura, desde hoxe e ata o próximo 19 de abril, do prazo para que o alumnado de terceiro da ESO soliciten unha beca do programa “Vigo en inglés”.
O alcalde, tras recordar que o prazo de solicitude permanecerá aberto durante dúas semanas, desde hoxe ao 19 de abril, apuntou que entre os requisitos para contar cunha beca atópase contar cunha nota mínima dun 7 en inglés, ademais de estar empadroado en Vigo.
A nova convocatoria ofrece 925 bolsas, cun custo de 3,5 millóns de euros, segundo lembrou Caballero. O rexedor apuntou que a bolsa cobre as viaxes, ademais da matrícula nos cursos de inglés, a residencia en familia, a manutención, o transporte polas zonas onde residen, entre outras ventaxes.
Caballero puxo hoxe en valor que o Concello de Vigo é o único de España que concede “tantas bolsas de inglés e de tanta contía”.