Escoitar

O rexedor felicita aos dous axentes que salvaron a vida a un cidadán

Caballero recibiu este venres a Antonio Malga e José Rubén Gil, os policías locais que atenderon na rúa a un mozo de 35 anos que sufriu unha parada cardiorrespiratoria. Os axentes trasladáronlle os detalles da actuación sanitaria que realizaron, na que usaron un desfibrilador e coa que conseguiron salvar a vida deste vigués que se atopaba facendo deporte na rúa. O rexedor felicitounos e agradeceulles, no nome da cidade, o traballo desenvolvido.

venres, 5 abr 2024
Foto do encontro do alcalde e a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, cos axentes e co Intendente da Policía Local
Foto do encontro do alcalde e a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, cos axentes e co Intendente da Policía Local
Descargar todas as imaxes