O Concello xa pagou os 205 euros da bolsa de libros a 23.228 estudantes de Vigo
Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello xa abonou a segunda quenda das bolsas de libros de 2014. Son un total de 11.617 axudas que se suman ás 11.611 pagas a principios de marzo. Este año as familias de “23.228 nenas e nenos de Vigo recibiron 205 euros por cada escolar para axudar na compra de libros de texto”, apuntou Caballero.
O alcalde lembrou que o Goberno municipal de Vigo concedeu dous anos consecutivos, 2023 e 2024, as bolsas de libros a 23.228 escolares da cidade. “De 8.131 concellos de España, só Vigo fixo estas bolsas que lle corresponderían á Xunta de Galicia, pero que non fai e facémolo no Concello de Vigo”, lembrou.
O rexedor incidiu en que as familias viguesas reciben 205 euros de axudas por alumno en idade escolar para comprar os libros de texto de educación Primaria, Secundaria obrigatoria, Formación Profesional básica e Educación Especial, e lembrou que a bolsa se estende aos estudantes empadroados en Vigo e que realizan os seus estudos fóra da cidade.